Por décimo ano, Gondomar será durante dous días o epicentro da artesanía galega coa celebración dunha nova edición de “Mostrafeira“.

Mais dunha ducia de artesáns, chegados dende distintos puntos de Galicia, exporán as súas creacións nunha feira que xa é un referente no mundo da artesanía e dos oficios tradicionais.

Os asistentes ademais de poder mercar artesanía de todo tipo terán a oportunidade de coñecer como se realizan as pezas e participar activamente na súa elaboración a través dos distintos obradoiros que tamén se levarán a cabo durante as duas xornadas que dura esta feira.

A organización corre a cargo de “A Escola” Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías e o Concello de Gondomar coa colaboración de Artesanía de Galicia.

Como novidade este ano a feira cambia de ubicación pasando a realizarse no edificio do Antigo Matadoiro, un espazo que ofrece unha maior comodidade e verstilidade, ademáis de ser un edificio histórico da nosa vila o que lle confire se cabe un maior encanto á edición deste ano.

 

 

 

 

 

 

 

Novas

SAÚDE MENTAL MOCIDADE | GONDOMAR

A saúde mental da mocidade, un compromiso coa xente nova. Un compromiso co futuro. Este outubro regresa o Ciclo Saúde Mental Mocidade de Gondomar, que

Programación Cultural de Outono

O Concello de Gondomar continúa coa súa programación cultural e presenta a súa Programación Cultural de Outono, que durante os meses de outubro e novembro

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Igualdade e xuventude

SAÚDE MENTAL MOCIDADE | GONDOMAR

A saúde mental da mocidade, un compromiso coa xente nova. Un compromiso co futuro. Este outubro regresa o Ciclo Saúde Mental Mocidade de Gondomar, que

Leer más »