O Concello de Gondomar informa a todas as usuarias e usuarios da Biblioteca Municipal —especialmente ao alumnado— que, con motivo do período de exames, se amplía o horario de apertura para facilitar o estudo e o acceso aos recursos dispoñibles.
Novo horario durante o período de exames:
De luns a venres
Mañás: de 7:30 a 14:00 h
Tardes: de 16:00 a 22:00 h
Sábados pola mañá
De 9:00 a 14:00 h
Con esta medida, o Concello de Gondomar reafirma o seu compromiso coa educación, adaptando o servizo da biblioteca ás necesidades reais da mocidade do municipio e ofrecendo un espazo cómodo, accesible e axeitado para a preparación académica.