A vila condal acollerá os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño a primeira edición do “Universal FAUNA Congress”
Gondomar converterase por uns días na capital mundial das aves, coa celebración da primeira edición do “Universal FAUNA congress” e que achegará a vila a poñentes e participantes procedentes de toda España, Europa e incluso América.
O congreso comezará o venres 31 ás 18:00h no Centro Neural (Edificio da Policia Local) onde terá lugar unha mesa redonda que participarán o veterinario Antonio Folch e o presidente de SOHEVA, Txema Lopez, e que xirará en torno a Ley 7/2023 e como afecta á tenencia de mascotas en domicilios particulares.
O Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda acollerá o amplo programa de charlas deste congreso. O sábado de 9:00h a 12:00h haberá diferentes coloquios a cargo de Sarah Ausseil, Nika Leben, Beate Pfau, Didier Leportois e Tony Wigley sobre temas como a educación mediomabienteal en centros de ensinanza, as particularidades da lexislación eslovena, a cría e mantemento de reptís e anfibios, a actualidade da campaña contra o antiespecismo en Francia ou curiosidades sobre a terrariofilia.
Tras unha pausa ás 13:00h terá lugar unha interesante charla en torno a lexislación actual e a nova lei de benestar animal, na que intervirán Antonio Folch, veterinario e membro de FAUNA, Jose Ramón Becerra, como representante da Dirección Xeral dos Dereitos do Animais do Goberno de España e Mercedes Núñez da Dirección Xeral de Política Comercial.
A xornada da tarde comezará ás 16:00h con catro interesantes charlas a cargo da Asociación Koi, na que Manuel Ratia e Edu Romanos falarán sobre acuariofília.
O seguinte relatorio correrá a cargo de Carlos Ramoa que como representante da Confederación de Ornitoloxía Mundial falará sobre Caniricultura, a sua cría, selección e conservación.
Txema Lopez de SOHEVA e FARDATXO falará sobre o uso de mircohábitats e o benestar animal e o exemplo das tartarugas de caixa americanas.
Para rematar este bloque de ponencias Elia Viades da “Psittacus Foundation” ofrecerá unha charla sobre o vínculo entre humanos e animais.
A tarde do sábado arrincará cunha entrevista en directo a cargo de Cristina Seguí, Álex Lachhein, e Natalia Corbalán para “Hoguera de Chamanes”.
Acto seguido será o turno de Jose Ignacio Pérez de ACESUR sobre Falcóns Deportivos e de Carreiras.
O peche da xornada do sábado correrá a cargo do alcalde de Gondomar Paco Ferreira que explicará como Gondomar se está a converter na capital internacional da cría e tenencia responsable de animais.
A última xornada, o domingo, comezará ás 09:00h cunha das actividades máis espectaculares deste congreso, a exhibición e voo libre de Pistácidas (Guacamayos) que terá lugar no Campo de Fútbol Municipal de As Gaiandas.
Unha vez rematada esta exhibición, en torno ás 10:30h se retomarán ás charlas que nesta xornada correrán a cargo do veterinario Juan Pascual que falará sobre a importancia dunha dieta omnívora. Pola súa parte Xavier Viader presentará a Iniciativa FAUNISTA con motivo do Dia Internacional Faunismo.
Para rematar este congreso presentarase unha Declaración Universal Conxunta.
O fin de festa tras a clausura oficial correrá a cargo do Grupo Ardelume.
O alcalde Paco Ferreira aproveitou a presentación deste congreso “para invitar a toda a cidadanía a asistir a este congreso” e se felicitou de que “Gondomar se converta na capital mundial da tenencia responsable de animais”.