O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova actividade de Lego Robotix para o alumnado de Primaria neste curso escolar.

Unha maneira divertida e educativa de achegarse á robótica e á tecnoloxía!

Lugar: Centro Neural (Avda. D. Diego Sarmiento de Acuña, 4 – Gondomar)
Día: Sábados
Horario: de 11:00 a 12:30 h
Custe: 5 € ao mes
Pagos: do día 1 ao 5 de cada mes a través de Tokapp School

As clases comezan mañá, sábado 18 de outubro!

Pero aínda estás a tempo de anotarte! 

Non é necesario levar ningún material, só ganas de aprender e pasalo en grande construíndo e programando con LEGO

 

Como inscribirse na actividade:

  1. Descarga a aplicación Tokapp School no teu móbil.
  2. Rexístrate e inicia sesión.
  3. Na parte superior esquerda, preme nas tres raias ☰ e selecciona “Extraescolares”.
  4. Preme en “Rexistrarse” e introduce o código do Concello: GONDOMAR.
  5. Cubre os datos da nai/pai/titor/a e logo os da persoa alumna.
  6. Finalmente, accede ao apartado “Matrículas” para completar a inscrición na actividade.

Pago dos recibos:
Entre o día 1 e o 5 de cada mes, dentro da mesma aplicación Tokapp School, no apartado “Recibos”, preme en “Pagar”.

 

Información e contacto:
📞 Patricia (Tokapp): 644 242 743
📞 Concello de Gondomar: 986 360 125

Novas

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

SEMENTANDO O BO TRATO, Derradeira cita!

O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita. O 18 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Deporte

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

Leer más »