O Concello de Gondomar continuando coa súa aposta decidida polos deportes urbanos organiza esta actividade deportiva centrada no mundo do skate que terá lugar o xoves 4 de agosto a partir das 20:30 horas no skatepark municipal.
O Concello de Gondomar organiza o próximo xoves 4 de agosto o seu primeiro festival adicado ao skate. Tras o éxito acadado coa posta en marcha do skatepark municipal, durante este verán e dentro das actividades xuvenís programadas polo Concello se ven desenvolvendo un curso de esta disciplina, cun gran nivel de participación de mozas e mozos de todas as idades.
Este festival servirá para que os participantes poidan mostrar os coñecementos adquiridos neste curso.
Ademais tamén haberá unha exhibición de mozas e mozos skaters de Gondomar, que demostrarán que a nosa vila é actualmente unha potencia neste deporte, con grandes promesas que nos próximos anos están chamados a alcanzar éxitos nesta espectacular disciplina deportiva.
A xornada comezará as 20:30 horas coa exhibición dos participantes do curso e seguidamente haberá unha demostración por parte de mozas e mozos skaters de Gondomar. Todos os asistentes e participantes poderán optar ao sorteo duns magníficos agasallos cortesía da organización de “O Marisquiño”.
A xornada rematará coa proxección dun filme ao ar libre as 22:30 horas para público familiar.
O Alcalde Paco Fereira destacou que “Gondomar xa e un referente no deporte en xeral en Galicia, e queremos que tamén o sexa nos deportes urbanos”
Puede ser una imagen de texto que dice "CONCELLO DE GONDOMAR GONDOMARSPOT EXHIBICIÓN SKATER ACOSTO Concelleria Cultura omi GONDOMAR EXHIBÍCIÓN ALUMNADO CURSOS CONCELLO GONDOMAR 20 301H EXHIBICIO“N RAPAZADA SKATERS 22.30 Filme ao aire libre Público familiar SORTEO MATERIAL SKATER"

Novas

XI Mostrafeira de Gondomar

Un ano máis, Gondomar acolle a XI edición de “Mostrafeira” os días 5 e 6 de abril. Artesáns chegados dende distintos lugares de Galicia, exporán

Campamento Dixital

O Concello de Gondomar aposta pola formación dixital da mocidade! A través da OMIX, seguimos traballando para ofrecer oportunidades de aprendizaxe gratuítas que axuden aos

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

XI Mostrafeira de Gondomar

Un ano máis, Gondomar acolle a XI edición de “Mostrafeira” os días 5 e 6 de abril. Artesáns chegados dende distintos lugares de Galicia, exporán

Leer más »
Novas

Campamento Dixital

O Concello de Gondomar aposta pola formación dixital da mocidade! A través da OMIX, seguimos traballando para ofrecer oportunidades de aprendizaxe gratuítas que axuden aos

Leer más »