O Concello de Gondomar, dentro do seu compromiso co benestar da cidadanía e coa promoción de contornas dixitais seguras, pon en marcha un curso formativo de balde dirixido a familias, mocidade e persoal educador sobre “O bo uso dos videoxogos” e “Benestar e prevención de riscos dixitais”.
Obxectivos do curso
O programa ten como finalidade ofrecer ferramentas prácticas e recursos actualizados para:
- Fomentar un uso responsable e equilibrado dos videoxogos.
- Recoñecer sinais de uso excesivo ou problemático e aplicar medidas de prevención.
- Coñecer os riscos dixitais máis comúns (ciberacoso, grooming, estafas en liña, exposición a contidos inapropiados, etc.).
- Promover hábitos de benestar dixital, tanto no eido familiar como educativo.
- Aprender a configurar controles parentais, sistemas de privacidade e pautas de seguimento.
A quen vai dirixido?
O curso está especialmente pensado para:
- Nais e pais.
- Adolescentes e mocidade.
- Profesorado, monitorado e profesionais do ámbito socioeducativo.
Cando?
Os días 26 e 29 de decembro, en horario de maña.
Inscrición e máis información
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición escribindo a: [email protected]




