O Concello de Gondomar pon en marcha a VI edición do Camiño do Irmandamento, unha cita deportiva e cultural que terá lugar os próximos 4 e 5 de outubro de 2025.

Este evento busca fortalecer os lazos de irmandade entre Galicia e Portugal a través dun percorrido que conecta as vilas de Gondomar (Galicia) e Gondomar (Portugal), pasando por localidades como Caminha, Póvoa de Varzim e Porto.

O Camiño do Irmandamento conta cun trazado de máis de 150 quilómetros, repartidos en dúas xornadas, polo que as persoas participantes deberán contar cun mínimo de coñecementos e experiencia na circulación en bicicleta por estrada.

A actividade está aberta á participación cidadá, animando a veciñanza a vivir unha experiencia única que combina deporte, natureza e confraternidade transfronteiriza.

Como destacou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, “o Camiño do Irmandamento é moito máis que unha proba deportiva: é un símbolo de unión entre dous pobos irmáns, que comparten cultura, lingua e tradicións, e que se atopan cada ano a través deste percorrido”.

Rocío Goberna, concelleira de Turismo, tamén subliñou que “este evento é unha oportunidade única para dar a coñecer Gondomar e o seu entorno, fomentando o turismo sostible e a convivencia, ao tempo que se promove a práctica deportiva en contacto coa natureza. Xa temos un grupo de ciclistas que nos acompañan ano tras ano, e que agardan con ilusión esta cita, porque os momentos compartidos de convivencia fortalecen os lazos e fan desta experiencia algo moi especial”.

 

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición previa a través do correo electrónico:  [email protected]

Para máis información tamén se habilita o teléfono: 678 874 985

 

O prazo de inscrición remata o 29 de agosto ás 14:00 h, lembrando que as prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas en Gondomar.

Anímate a participar e vivir esta experiencia!

Novas

ACTIVIDADE LEGO ROBOTIX EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova actividade de Lego Robotix para o alumnado de Primaria neste curso escolar. Unha maneira divertida e

CONVOCATORIA

Convócase a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4 no ano 2025 (código do procedemento  PL500G) dirixida a persoas

Axenda

No event found!
Load More
Formación e emprego

CONVOCATORIA

Convócase a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4 no ano 2025 (código do procedemento  PL500G) dirixida a persoas

Leer más »
Cultura

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Leer más »