Dende o 3 de decembro, día do acendido das luces, e ata o 7 de xaneiro o Concello ten programadas máis dunha veintena de actividades que incluen entre outras, concertos, contacontos, a visita de Papá Noel, un campus multideporte, a Cabalgata de Reis ou o tradicional certame de Rondallas de Reis.
O Concello de Gondomar presentou hoxe a sua programación de Nadal, que este ano aumenta en numero de actividades enfocadas para toda a familia.
O Domingo 3 Gondomar acenderá o seu Nadal ás 19:00 horas na praza do Concello, que servirá de pistoletazo de saída ao GONDONADAL.
O tradicional Belén Artesanal en Movemento, que este ano crece en numero de figuras con respecto ao ano pasado, con máis de 200, será inaugurado o mércores 6 ás 18:00 horas no Centro Neural (edificio da Policía Local) coa presenza do bispo de Tui-Vigo D. Luis Quinteiro Fiuza, e permanecerá aberto ata o día 7 de xaneiro.
O venres 8 será o turno da múscia tradicional galega co Festival de Nadal do grupo TRADISÓN, que se subirá ao escenario do Auditorio Lois Tobío a partir das 19:00h nun concerto que a bo seguro estará cargado de sentimento, rememorando ás cantigas pasadas e quen sabe se estreando en primicia a cantiga deste ano 2023. A entrada será libre ata completar aforo.
Ao día seguinte, o sábado 9, e pensando nos máis pequenos da casa Ángeles Goás nos deleitará cos seus “Contos de Nadal”. Será no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 18:00 horas.
Para rematar a primeira semana de festas o domingo 10 será a música coral a que inunde o auditorio municipal, co xa tradicional Festival de Corais de Nadal de Gondomar. As corais de Vincios, Donas e Mañufe mostrarán todo o seu repertorio que a bo seguro estará cargado de panxoliñas e cantos de nadal.
Para dar comezo á segunda semana deste GONDONADAL o venres 15 ás 19:30 horas inauguraremos a exposición de árbores de Nadal que nos días previos serán decorados polos escolares dos centros escolares de infantil e primaria de Gondomar, así como por diferentes colectivos e asociacións de integración social. Esta exposición permanecerá aberta no Hall do Auditorio Municipal ata o día 7 de xaneiro.
Outra das actividades que se converteu xa nunha tradición en Gondomar, e que goza de máis aceptación popular, é o Mercado de Nadal que abrirá ás suas portas na Praza Paradela o sábado 16 ás 11:00 horas, pechando ás 19:00 horas, repetindo horario ao día seguinte. O prazo de solicitudes está todavía aberto pero a día de hoxe son xa máis de 30 os postos que teñen confirmada a sua presenza, o que demostra o interés xerado por esta actividade.
O mesmo sábado 16 Papá Noel visitará Gondomar. A partir das 17:00h realizará un percorrido polas rúas da vila, e posteriormente, en torno ás 18:00h recibirá na Casa da Cultura aos nenos e nenas que queiran entregarlle persoalmente a sua carta de peticións. Papá visitará de novo Gondomar e volverá a realizar a recepción o domingo 17 de 17:30h a 20:00h e o sábado 23 de 17:00h a 20:00h.
O domingo 17 o Val Miñor encheráse de Papás e Mamás Noeis motorizados coa “XIV Ruta Motera de Papanoeles” que con saída e chegada na nosa vila, na Praza de San Bieito.
O mércores 20 e o venres 22 a música será a protagonista cos Concertos dos Alumnos e Alumnas do Conservatorio e da Banda de Vincios cos seus respectivos concertos de nadal no Auditorio Municipal, os dous ás 19:00 horas e con entrada libre ata completar aforo.
O deporte tamén ten o seu espazo na programación municipal. Dende o 26 e a ta o 29 no Pavillón Municipal Bernabé Costa de Miranda terá lugar o Campus Multideporte Solidario que ten como obxectivos por unha banda a recadación de alimentos para o Banco de Alimentos Municipal e por outro lado permite a conciliación laboral de nais e pais en periodo vacacional.
Un dos pratos fortes deste nadal será sen dúbida o concerto do gaiteiro Álvaro Costas e o seu grupo, que se subirán ás taboas do escenario do Auditorio Municipal o sábado 30 ás 20:30 horas co seu espectáculo MITIC DE NADAL, con entrada libre ata completar aforo.
As actividades do novo ano arrancarán en Gondomar o mércores 3 de xaneiro de 17:00 horas a 20:00 horas coa Festa Infantil de Nadal no pavillón de Gondomar, onde haberá inchables, obradoiros, xogos e sorpresas.
A súas maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán a Gondomar o venres 5 de xaneiro ás 17:00 horas e acompañados do seu séquito faran un percorrido polas rúas do centro de Gondomar para despois recibir as petición das nenas e nenos na praza Paradela.
O Certame de Rondallas de Reis, o sábado 6 a partir das 10:30 horas, que este ano chega a sua 41 edición porá o punto e final a máis dun mes cheos de actividades.