O vindeiro sábado 30 de agosto, a Praza Paradela de Gondomar encherase de ritmo e enerxía co concerto do grupo Samba da Batea, unha das formacións máis festivas e orixinais do panorama musical galego.

 A cita será a partir das 22:30 horas, no marco da programación cultural organizada polo Concello de Gondomar, que continúa apostando pola música en directo e polo encontro veciñal nos espazos públicos.

 Samba da Batea ofrecerá un espectáculo cargado de frescura e bo humor, no que a samba e outros ritmos brasileiros se mesturan con sonoridades galegas e unha gran dose de diversión, convidando a todos os asistentes a bailar e gozar dunha noite única.

 O grupo conta ademais con integrantes veciños de Gondomar, polo que para o Concello é un luxo e un privilexio poder desfrutar do seu traballo na casa, diante do seu público máis próximo.

 Con este concerto, o Concello de Gondomar pon o broche final á programación cultural de agosto, pero lembra que a oferta continúa tamén no mes de setembro, con novas propostas para todos os públicos.

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »