Search

Máis de 600 quilos de residuos retirados dos ríos Miñor e Zamáns na xornada “Móllate polos ríos”

Máis de 30 voluntarios participaron este pasado domingo na xornada de limpeza de ríos que en colaboración con ADEGA se levou a cabo nos ríos de Gondomar, e de outros moitos concellos de Galicia de maneira simultánea. Foron retirados máis de 600 quilos de residuos de cristais, plásticos, diferentes envases, restos de obra, e pneumáticos entre outros.

A xornada daba comezo ás 10:30 h. no punto de encontro establecido onde os participantes recibían unha camiseta identificativa, luvas e bolsas para a recopilación dos residuos,  así como unha pequena charla coas indicacións necesarias.

Ao longo de toda a mañá, os máis de trinta voluntarios, de todas as idades, percorrian dividios por grupos un treito de máis dun quilómetro dos ríos Miñor e Zamáns.

Ao rematar, entorno ás 13:30 horas, todos os participantes na xornada recibiron un pequeño aprovisionamento de comida e bebida e como obsequio unha invitación para asistir á úlitma xornada do Season Fest que se celebrou en Gondomar durante esta fin de semana.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou que “a cantidade de residuos recollida este ano é sensiblemente inferior a de anos anteriores, o que demostra que as diferentes campañas de concienciación levadas a cabo dende o Concello están sendo efectivas” O rexedor quixo ademáis “agradecer aos más de 30 voluntarios e voluntarias participantes o seu compromiso co noso medio ambiente e cos nosos ríos, que son sen dúbida a nosa maior riqueza”  

Novas

Gondo Danza – 14 setembro

Lembrade que o sábado 14 de setembro  Gondo Danza, festival de disciplinas de baile. Será a partir das 17:00h na área deportiva de As Cercas

“Karaoke Clandestino”

Este  venres 13 de setembro ás 22:00h, e despois do exito da primeira edición, chega outra vez o “Karaoke Clandestino”. Ven a cantar as túas

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Gondo Danza – 14 setembro

Lembrade que o sábado 14 de setembro  Gondo Danza, festival de disciplinas de baile. Será a partir das 17:00h na área deportiva de As Cercas

Leer más »
Cultura

“Karaoke Clandestino”

Este  venres 13 de setembro ás 22:00h, e despois do exito da primeira edición, chega outra vez o “Karaoke Clandestino”. Ven a cantar as túas

Leer más »