Search

Gondomar mellora a rede de saneamento dos barrios de A Fraga e Pasaxe e instala un sistema automatizado de control de caudal de augas residuais procedentes de Gondomar e Vigo

Con esta actuación a rede municipal de todo o barrio de A Fraga queda totalmente substituida por tubería de aceiro inoxidable, retirando a antiga canalización de formigón que foi instalada fai 20 anos de forma deficiente por Augas de Galicia.

 

O obxectivo do Goberno Municipal é levar a cabo a substitución de todos os tramos de conducción de fibrocemento e formigón (máis de 12Km) por outros materias como o PVC, que evite as posibles filtracións de augas pluviais e brancas, á rede de saneamento que chega a EDAR, xestionada por Augas de Galicia, e así evitar a sobresaturación nunha rede que é arcaica e deficitaria, e que foi instalada por gebernos anteriores, e tamén pola propia Augas de Galicia.

Augas de Galicia como administración pública nunca debeu nin permitir nin menos realizar estes traballos que son a causa principal de que Gondomar teña a necesidade de substituir esta antiga rede por unha nova. É ineludible a responsabilidade por parte de  Augas de Galicia, como principal xestor e responsable competencial na materia, e por tanto de forma conveniada debe contribuir a reverter esta situación deficitaria da rede en Gondomar.

 

Paco Ferreira sinalou que “esta actuación é unha de tantas que o Goberno Municipal está levando a cabo en todo o municipio, xunto a outras xa realizadas para mellorar unha rede arcaica e dificitaria que herdamos cando chegamos ao goberno

O rexedor tamen quixo destacar que “coa colaboración de Augas de Galicia a través das auditoría realizadas en todo o territorio, vanse visuilizando os froitos, á espera de que a Xunta acometa as obras de ampliación da EDAR coa construcción dun novo tanque de decantación

 

Por último, o rexedor local anunciou que xa trasladou á directora de Augas de Galicia a decisión de que siga a ser este organismo autonómico o que xestione a EDAR de Gondomar. Ademáis informoulle da disposición do concello de ceder a parcela onde se ubicaba a antiga depuradora para que Augas de Galicia poida construir neses terreos un tanque de tormentas.

Novas

40 anos de formación musical en Gondomar

O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar celebra este curso o seu 40 aniversario con diferentes actividades que foron presentadas esta mañá polo alcalde Paco

Axenda

No event found!