O pasado venres 17 de marzo reuniuse o xurado dos premios da V gala do deporte de Gondomar para elexir aos nominados.
Esta gala que chega a súa quinta edición, e que se retoma tras o parón pola pandemia terá lugar o próximo 1 de abril ás 8 da tarde no Pavillón Municipal Bernabé Costa de Miranda e a entrada será libre.
O xurado presidido por Nuria Lameiro, concelleira de deportes estivo formado ademais por Noelia Piñeiro Pérez, Anxo Iglesias Mariño, Bernabé Costas de Miranda, Jose Luis Ferreira Durán e Ramón Magariño Duro.
A madriña desta edición será a atleta Vanessa Veiga Comesaña e haberá sete mencións especiais que nesta ocasión recairon en Manuel Mártinez Ageitos, Desirée Vila, Carlos Dominguez “Pity”, o grupo show “Last Kaneri” do CPA Gondomar, o equipo de fútbol sala adaptado do Centro Juan María, a Garda Civil de Tráfico -Destacamento de O Porriño e a titulo póstumo Javier Martínez Giraldez, recentemente falecido.
No apartado de mellor evento deportivo os nominados son: a 55 edición do Rally Rías Baixas, a Copa de España de Ciclismo e o Campionato Galego de Enduro Serra Galiñeiro.
No caso do galardón a mellor club ou entidde deportiva optan ao premio o Club Acro Gondomar, o Lóstrego CF e a Sociedade Atlética Val Miñor.
Os premios do deporte de Gondomar tamén teñen un galardón reservado a empresas cunha traxectoria de apoio ao deporte e nesta ocasión as nominadas neste apartado son Serviancar, Herboristería Bambú e Autoescola San Benito.
Outro dos premios que se entregarán esa noite será o que valora toda unha traxectoria deportiva, e este ano os nominados son Estela Rodriguez García (Atletismo e Rugby) Ruben Pereira Cardalda (Atletismo) e Jose Luis Casellas (Autombilismo)
Pola sua banda as nominacións aos premios deportista revelación son as seguintes: en categoría feminina Antonella Larrasw (fútbol galeico) Noa Álvarez Romero (patinaxe artística) e Naiara Araújo (ximnaxia acrobática). Na categoría másculina os nominados son Danny Jan Buba Sopko (Ciclismo) Anxo Xoaquin Lomba Luis ( loita libre) e Joel Ribeiro Días (patinaxe artística)
O premio absoluto á mellor deportista femenina decidirase entre as tres seguintes candidatas: Silvia Rita Álvarez (fútbol gaelico), Ainhoa Reparáz Sánchez (Atletismo) e Lía Hermida Rial (ximnasia acrobática)
No caso do deportista masculino máis destacado os candidatos son Ricardo Buba Sopko (ciclismo), Miguel Román González (fútbol) y Julio Vilas Fernández (baloncesto)
Tamén se entregarán premios en cada unha das disciplinas.
BILLAR
– Alejandro Doval Fernández
PETANCA
– Alejandro Alonso Lorenzo
– Carlos Fernández Alonso
CHAVE
– Carlos Fernández Comsesaña
– Jose Da Silva Rodriguez
BOLOS
– David Pintos Fontán
– Diego Camesella Rodríguez
– Ismael Fernández
– Ismael Torres
– Iván Otero
HALTEROFILIA
– Pablo Vázquez Francisco
TIRO CON ARCO
– Rubén Rodriíguez Alleres
HÍPICA
– Candela Martínez Valverde
– Claudia López Comesaña
ATLETISMO
– Adrián Bernárdez Domínguez
– Ricardo Cortizo Souto
– Grabriela Bouzada Senra
– Uxía Vidal Márquez
TRAIL – CARREIRA DE MONTAÑA
– Diana Domínguez Pereira
BALONCESTO
– Marcos Losada Rocholl
– Iago Costas Souto
– Aldara Molares Fragueiro
XIMNASIA ACROBÁTICA
– Claudia Comesaña Estevez
– Sira Cerdeira García
FÚTBOL
– Noel Hermida Couto
– Alejandro Gómez Otero
– Tamara Fernández Rodríguez
– Irene Rial González
– André Lores Varela
– Jose Manuel Comesaña Lago
AUTOMOBILISMO
– Unai Conde García
– Ezequiel Salgueiro Simoes
DEPORTE DE INERCIA
– Jose Antonio Gonzélez del Río
– Hugo González Lameiro
TENIS
– Leslie Corea
– Juan Martínez
– Juan Freitas
TENIS DE MESA
– Martin Pintos Barreiro
DANZA
– Grupo Huérfanos – Ldanzia
– Lorena Benítez Pereira