O concello de Gondomar continúa co seu ciclo de teatro infantil e familiar. A encargada de subirse ao escenario do Auditorio Municipal Lois Tobío o próximo domingo 25 de febreiro, ás 19:00h., será a compañía “O Baúl da Tía Tola” coa súa obra “Lixo”.

 

“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.

​Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.

​As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

​Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

 

As entradas, poden mercarse xa na taquilla electrónica do Concello de Gondomar:

https://taquilla.concellodegondomar.gal/teatro-familiar/lixo/ (a un prezo de tan só 2,50 euros.)

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!