O Concello de Gondomar prosegue co seu plan de mellora da eficiencia enerxética en edificios e instalacións municipais, seguindo as premisas da axenda 2030.

Hai uns meses inaugurábase a obra de remodelación das cubertas e fachadas dos edificios do Centro de Desenvolvemento Local (antigo colexio), no que se investiron máis de 1,2 millóns de euros.

No caso do Centro Neural (edificio da xefatura de policía) instaláronse placas fotovoltaicas para abastecer tanto a este inmoble como as pistas deportivas anexas.

 

Agora ao abeiro do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no ámbito do turismo deportivo sostible, a través dunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar encargou a redacción do proxecto “Acondicionamento para a mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Muncipal Bernabé Costas de Miranda”.

Proxéctase unha intervención que busca resolver os problemas existentes nesta instalación, en relación a eficiencia enerxética, salubridade, funcionalidade, accesibilidade e acústica.

O proxecto expón a necesidade da instalación dunha envolvente térmica cun sistema SATE nos cerramentos do edificio e se disporá unha soleira illada térmicamente e ventilada para evitar os actuais problemas de condensación no chan do pavillón. Posteriormente sobre este novo chan instalaríase un pavimento deportivo de madeira.

Para garantir a salubridade do aire no interior e eliminar os problemas xerais de condensación existentes actualmente, disporase dun sistema de renovación de aire por sobrepresión interior.

Por outra banda para mellorar a funcionalidade da instalación se propón a apertura de grandes ventanais na fachada norte o que permitirá a mellora da iluminación natural, sen causar problemas de cegamento durante a actividade deportiva, reducindo ademais así a necesidade de uso da iluminación artificial, e por tanto baixando o consumo eléctrico, sumado á actuación xa feita hai uns meses que consistiu na substitución de todos os focos do pavillón por uns de tipo “led” de baixo consumo.

O proxecto contempla tamén a instalación de paneis solares fotovoltaicos que contribuirían á autosuficiencia do edificio.

No que respecta a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, se procedería á construción dun aseo adaptado na zona da grada.

Por último e co fin de aumentar a funcionalidade do pavillón pretendese solucionar o problema da mala acústica interior, mediante a disposición de materiais absorbentes do son, que limiten a enorme reverberación existente actualmente.

 

O rexedor local sinalou que “este ambicioso proxecto, para o que esperamos poder contar coa axuda da Deputación de Pontevedra, pretende transformar e modernizar esta instalación deportiva, para así poder dar resposta a cantidade de clubs e entidades que fan uso do noso pavillón municipal”. Paco Ferreira indicou tamén que “esta reforma permitirá aumentar a súa versatilidade, podéndose facer dende competicións de primeiro nivel, ata concertos e outro tipo de actividades ao longo de todo o ano”

 

 

 

 

Novas

Belén Artesán en Movemento

Xa está instalado no Centro Parroquial o tradicional Belén artesán en movemento. Non deixes de visitalo! Consulta de horario AQUÍ

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Axenda

No event found!
Cultura

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Leer más »
Cultura

Acendido das luces de Nadal

Este sábado 30 de novembro achégate a Gondomar Espéranche contacontos, magosto popular e ás 20:00 h. o tan esperado Acendido das luces de Nadal  

Leer más »