Esta mañá inaugurouse en Gondomar unha exposición fotográfica que relata 12 fitos nacionales importantes, entre os que se atopan os resultados do grupo do Doutor Antoni Castells naS investigacións en cáncer de colon ou as da Doutora Marisol Soengas, na loita contra o melanoma.

 

A mostra poderá desfrutarse na rúa Angel Urzaiz de Gondomar, nas inmediacións da Casa do Concello, ata o 5 de decembro.

Ao acto de inauguración acudiron Telmo Crespo, coordinador Territorial da asociación en Pontevedra, Jose Ángel Casal, representante da sede local do Val Miñor, xunto a Rocío Goberna, concelleira de Comercio e Turismo e Brais Misa, concelleiro de Medio Ambiente, en representación do Concello de Gondomar.

 

De xaneiro a outubro de 2022 a Asociación Española Contra o Cancro fixo un total de 360 intervencións na comarca do Val Miñor.

 

Esta exposición celebra os 50 anos do inicio por parte da asociación das primeiras investigacións desta enfermidade.

Entre os 12 fitos expostos, atópanse dous que tiveron lugar na provincia de Pontevedra a cargo dos Doutores Joao M. Fernandes e Mónica Mártinez, un polos seus avances na biospia liquida o outro no estudo de certas alteracións do ADN nas células tumorais.

 

Novas

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Axenda

No event found!
Cultura

SAMAÍN 2025

Como xa vén sendo habitual, o vindeiro 31 de outubro, Gondomar converterase nun lugar cheo de  diversión para celebrar o Samaín . Achegádevos e vivide

Leer más »
Cultura

Excursión a Vitoria-Gasteiz

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

Leer más »