Unha sociedade que non coida a súa mocidade está a condenar o seu futuro.

Por quinto ano consecutivo, o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Xuventude, dedica o mes de outubro á reflexión e ao diálogo arredor da saúde mental.

Nesta edición poñemos o foco no autocoidado durante a adolescencia, entendéndoo non como un privilexio, senón como unha ferramenta fundamental para o benestar físico, emocional e social.

📍 Casa da Cultura de Gondomar – 3º andar
🕢 19:30 h

PROGRAMA

🔹 2 de outubro
Duna Corredoira, psicoterapeuta holística
“Autocoidado: o noso poder”

🔹 16 de outubro
Mónica Cainzos, psicóloga educativa de VermisLab
“Recompoñendo unha autoestima danada”

🔹 23 de outubro
Sabela Salgueiro, doutora en Traballo Social
“Educación Sexual Integral: ferramentas para acompañar desde o coidado e o benestar emocional”

🔹 30 de outubro
María Couso, licenciada en Pedagoxía e creadora de PlayFunLearning.es
“Relacións empantalladas”

 

E tamén nos centros educativos!

O alumnado de Bacharelato de Gondomar participará en varias sesións sobre autocoidado, acompañados por Duna Corredoira, creando espazos de reflexión e aprendizaxe adaptados á súa realidade.

Porque coidarse tamén é aprender, previr, pedir axuda e construír ferramentas para o futuro. 🌱

Un compromiso coa mocidade.
Un compromiso co futuro.

 

Inscricións:
986 369 746
omix@concellodegondomar.com

 

Novas

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »