O alcalde Paco Ferreira presentou esta mañá as diferentes modalidades das Escolas Deportivas Municipais, das escolas conveniadas coa Deputación de Pontevedra e as escolas impartidas polos diferentes clubs deportivos de Gondomar en colaboración co concello.

As modalidades ofertadas nas Escolas Deportivas Municipais son psicomotriciade e multideporte, taekwondo, GAP, ximnasia de mantemento, xadrez, marcha nórdica e patinaxe artística que este ano pasa a ser escola municipal.

No caso das escolas conveniadas coa Deputación de Pontevedra os deportes ofertados serán judo, balonmán e baloncesto.

Por outro lado os clubs de Gondomar ofertarán para este curso, en colaboración co concello  ximnasia rítmica, patinaxe artística, fútbol masuclino e feminino, atletismo, tenis de mesa, fútbol gaélico, tenis, bolos e actividades náuticas.

 

O prazo de insrición das Escolas Municipais abriráse o próximo 18 de setembro no pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda en horario de 10:00h a 12:00h e de 17:00h a 20:00h.

DESCARGA DOS IMPRESOS DE SOLICITUDE:

 

No caso das escolas conveniadas coa Deputación de Pontevedra ás incricións deberán realizarse a través da páxina da propia Deputación (https://www.depo.gal/es/-/deporte-escolas) ou na federación deportiva correspondente.

Para realizar a inscrición das actividades organizadas polos diferentes clubes deberán dirixirse a cada un deles directamente.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou que “o deporte é un dos maiores potenciais que ten Gondomar, é unha forma de educar ás nenas e nenos nuns valores moi positivos, de esforzo, superación e compañeirismo”. O rexedor local destacou que “dende que chegamos ao goberno temos feito un gran esforzo inversor no deporte, tanto en insfraestruturas deportivas,  como no apoio a clubes e deportistas e así o seguiremos a facer”.

 

 

 

Para máis información:

[email protected]

986360305  /  608748393

 

 

 

 

 

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »