📅 8 e 9 de maio

Gondomar prepárase para acoller Gondomar Une, unha iniciativa que converterá o concello nun punto de encontro cheo de propostas de cultura, educación e ocio para todas as idades.

Durante toda a fin de semana haberá actividades en diferentes espazos do municipio como o Pavillón Bernabé Costas, a Praza Rosalía de Castro, o Matadoiro Municipal, o Centro Neural e o Complexo Deportivo As Cercas, enchendo Gondomar de vida e participación.

Desde o Concello de Gondomar reafirmamos o noso compromiso co impulso de iniciativas que fortalecen o tecido social e educativo, apoiando o talento local e promovendo un concello dinámico e activo.

Actividades de balde (algunhas con inscrición previa).

Consulta o cartel e reserva a túa praza a través do QR

 

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis