O CONCELLO DOA MATERIAL INFORMÁTICO E SANITARIO Á ASOCIACIÓN AVELAÍÑA E ASINARÁ UN CONVENIO ANUAL DE COLABORACIÓN POR UN IMPORTE DE 2.000 EUROS.

O concello de Gondomar fixo entrega de diferente material informático e sanitario á “Asociación Aveleiña Saúde Mental”, nunha visita feita polo alcalde e as concelleiras Nuria Lameiro e Rocío Goberna,  ás súas instalacións en Baiona para coñecer, de primera man, as súas demandas e buscar fórmulas de colaboración.
Asimesmo o Concello asinará con esta asociación un convenio de colaboración por un importe anual de 2.000€, e comprometese a abrir outras vías dentro do posible para que poidan seguir realizando a súa importante actividade nas mellores condicións posibles.
Durante o acto de entrega desta doazón o alcalde Paco Ferreira sinalou que: “dado que a labor que dita asociación leva a cabo e os programas que teñen en marcha merecen todo o noso respeto e apoio, e cubren unha carencia do sistema sanitario en Galicia, faremos o que este na nosa man para apoialos”.

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »