O Concello de Gondomar con motivo do Dia Mundial da Saúde Mental organiza dúas charlas que tratarán sobre distintos transtornos que afectan aos adolescentes.
A primeira das charlas baixo o titulo “Ansiedade e depresión na adolescencia” terá lugar o 21 de outubro ás 19:00 horas no Centro Neural de Gondomar (Policía local) e correrá a cargo da psicóloga sanitaria Dra. Eva Méndez Sántos, e nela esta especialista do equipo Aprehendo, falará de dous transtornos que afectan, según un recente estudo de UNICEF, ao 40% da poboación mundial en idade adolescente.
O 28 de outubro a partir das 19:00 horas e co titulo “O Tsunami da adolescencia no TDHA” abordará como afecta a chegada á adolescencia a nenos e nenas que padecen trastorno por déficit de atención e hiperactividade. Teremos o pracer de contar para esta charla con Dona Paula Fernández Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria do equipo de PersonalMind.
Paco Ferreira, alcalde de Gondomar destacou que “é moi importante para á mocidade facilitarlles as ferramentas necearias para identificar estes transtornos e así que tanto eles mesmos como familiares ou amigos poidan buscar a axuda profesional que precisen”. “É fundamental que as administración con competencias en materia sanitaria adiquen moitos máis recursos para a prevención e o tratamento da saúde mental, e que deixemos de estigmatizar a quen padece algunha de estas enfermidades, e para elo é moi importante que a mocidade esté cada vez máis informada de estas dolencias, obxectivo destas charlas que poñemos en marcha dende o Concello”
As charlas son gratuitas e para facer a preinscripción deberán dirixirxe a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no teléfono 986369746 ou no enderezo de correo: [email protected]