Con motivo da celebración das Festas de San Bieito, informamos de que haberá restricións de tráfico e estacionamento en varias rúas. Pedimos a máxima colaboración e comprensión de toda a veciñanza para garantir o bo desenvolvemento das festas e evitar incidencias.
📅 Dende o venres 10 ata o domingo 12 de xullo coincidindo co fin de festa, aplicaranse as seguintes medidas:
🚫 Prohibido estacionar e acceder aos aparcadoiros de San Benito e do cemiterio.
Acceso restrinxido aos garaxes da rúa Párroco Mariño.
Corte total nas rúas Manuel Losada e San Benito, permitindo unicamente o acceso aos garaxes ata as 20:00 h.
Recoméndase ás persoas usuarias destes garaxes evitar o uso do vehículo durante ese horario.
Acceso restrinxido ao aparcadoiro de Terra de Detrás do Cristaleiro ata as 20:00 h.
⚠️ IMPORTANTE
O venres 11 de xullo, con motivo dos actos festivos, o tráfico permanecerá totalmente cortado en todos os accesos á Igrexa de San Benito.
Agradecemos de antemán a colaboración e comprensión de todas e todos para que poidamos gozar dunhas festas seguras e sen incidencias.
Boas Festas de San Bieito!





