Search

Obradoiros gratuitos de Debuxo (Lettering e Manga) – Aberto prazo de Inscrición

O Concello de Gondomar pon en marcha dous obradoiros de debuxo enfocados  nos aspectos culturais e turísticos da nosa localidade, os participantes poden profundar na historia, as tradicións e as paisaxes locais, creando obras que reflictan e celebren a nosa identidade.

É por todo iso que o Concello de Gondomar, coa organización destes obradoiros busca non só promover o desenvolvemento de habilidades artísticas entre os participantes, senón que tamén sirva como unha ferramenta educativa que enriquezca a comprensión e apreciación do noso patrimonio cultural e turístico.

 

Datas, horario e lugar
Do 25 ao 29 de xuño no Antigo Matadoiro Municipal de Gondomar

Taller de Lettering : De 10:00 a 11:30 h.

Taller de Manga: De 12:00 a 13:30 h.

 

Requisitos para a participación
A participación está aberta a maiores de 8 anos, preferentemente veciños do Municipio de Gondomar.

 

Documentación
Poderán presentar a solicitude de inscrición todas as persoas interesadas, maiores de 8 anos, preferentemente veciños do Concello de Gondomar que reúnan os seguintes requisitos e aporten a seguinte documentación:

  • ANEXO I de inscrición debidamente cuberto e asinado. Descargar AQUÍ
  • DNI

 

Presentación de solicitudes
As inscricións para participar nos talleres de Lettering e Manga, farase mediante as oficinas de Rexistro Xeral (de luns a venres de 8:00 a 14:00h) ou mediante a Sede Electrónica.

 

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 11 de xuño e rematará o 19 de xuño ás 23:59h.
Calquera dúbida ao respecto será resolta no seguinte Email: oficinadeturismo@concellodegondomar.gal ou nos teléfonos 986.38.40.20/ 678 874 985 de luns a venres de 8:00 a 14:30h.

ANEXO I

Novas

AVISO: APRAZAMENTO DO FESTIVAL GONDODANZA

Debido ás previsións meteorolóxicas e as posibles choivas que se poden producir ao longo de mañá sábado 20, a organización do Festival Gondodanza, e para

Axenda

No event found!