O Concello de Gondomar continúa coa iniciativa «Outubro: Saúde Mental na Mocidade», un programa destinado a promover o benestar emocional da mocidade e a ofrecer ás familias e ás persoas adolescentes espazos de formación, reflexión e diálogo.

O vindeiro 23 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Gondomar, terá lugar unha nova sesión, que contará coa participación de Sabela Salgueiro, doutora en Traballo Social, quen abordará a importancia da Educación Sexual Integral como elemento fundamental para promover o benestar emocional, os coidados, a igualdade e a prevención das violencias.

Baixo o título «A Educación Sexual Integral: ferramentas para acompañar dende o coidado e o benestar emocional», a sesión ofrecerá unha visión integral, desde as dimensións biolóxica, psicolóxica e social, e achegará ferramentas prácticas para abordar cuestións como a sexualidade, as emocións, os vínculos afectivos, o impacto das redes sociais, a pornografía e a prevención das ciberviolencias.

A iniciativa responde á necesidade de facilitar ás familias recursos e orientación para afrontar con maior seguridade as cuestións relacionadas coa sexualidade e a adolescencia. O obxectivo é favorecer unha comunicación familiar máis aberta e respectuosa, así como proporcionar ferramentas para acompañar a mocidade desde o coidado, a igualdade, a confianza e o respecto mutuo.

A través destes encontros, o Concello de Gondomar aposta por un enfoque baseado no acompañamento e no fortalecemento das capacidades das familias e da mocidade, creando espazos seguros nos que compartir dúbidas, adquirir coñecementos e desenvolver criterios para afrontar os retos desta etapa vital.

  • Data: 23 de outubro
  • Hora: 19:30 h
  • Lugar: Casa da Cultura do Concello de Gondomar
  • Inscricións: As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do teléfono 986 369 746 (OMIX Gondomar) ou do correo electrónico omix@concellodegondomar.com.

Investir no coidado da mocidade é investir no futuro da sociedade.

Novas

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Comercio

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Leer más »