Pensións non contributivas

  • Pensión non contributiva de invalidez

 

Prestación económica individual de carácter periódico que cubre continxencias de invalidez ou deficiencia e que asegura a tódalas persoas en situación de invalidez e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.

 

  • Pensión non contributiva de xubilación

 

Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de xubilación e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.