Por segundo ano o Concello de Gondomar pon en marcha un programa dirixido á mocidade coa finalidade de que falar de saúde mental deixe de ser un tabú na nosa sociedade.
Escoitar, preguntar, compartir e coñecer a nosa saúde mental é a finalidade dun ciclo de charlas abertas ao público e unha serie de obradoiros en centros de ensino.
A boa saúde fisica e tamén mental da nosa mocidade é un dos maiores retos ao que nos enfrontamos como sociedade.
É fundamental que as administracións se impliquen dentro das súas comptencias en abordar un problema que nos pode afectar a calquera de nós. Debemos exixir ás administracións competentes que doten de máis recursos para o diagnostico e o tratamento dos distintos transtornos.
Neste caso o Concello de Gondomar, incluso non sendo nen a saúde nen a educación unha das súas competencias considera que ante a falta de resposta por parte doutras administracións, é moi importante poñer en marcha este tipo de programas educativos e formativos, para que as mozas e mozos poidan falar, debater e comprender abertamente transtornos como o TDAH ou a depresión tan presentes na época actual.
Máis información na OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude) – 986369746

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »