O Concello de Gondomar presentou esta mañá, e dentro do seu Ciclo de Teatro de Primaveira, as obras que chegarán ás taboas do Auditorio Municipal Lois Tobío durante o mes de Abril.

 

A  primeira parada deste ciclo será o domingo 7 ás 19:00h, e correrá a cargo de A Vela Circo que se achegará a Gondomar coa súa obra “O Último que Apague a Luz”.

Desde o humor e o novo circo, este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous personaxes vestidos de noivos. Ela pregúntase

mentres se come o ramo de flores: é a voda unha metáfora do noso mundo? Mentres el, abrindo os agasallos de voda, non sabe se o que máis lle gusta é

o papel de agasallo, uns pratos ou unha curiosa gravata que lle regalaron.

Este espectáculo, esta cerimonia , quere ser unmomento de humor e de reflexión. Preguntándonos sobre os roles de xénero, as novas tradicións: o puro para os homes e o lanzamento olímpico de ramo para as mulleres e se o amor é un acto de rebeldía, se a pesar das normas sociais o amor é un paso do azar ao destino.

A través do corpo e o movemento utilizando ocirco como linguaxe innovadora. Neste espectáculo como en toda gran voda, mestúranse o clown,manipulación de obxectos (e non estamos a falar dos sogros), equilibrios sobre torta, malabares entre veos e gravatas e unha gran sorpresa final…

Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo de metáfora e ritmo. Un circo do absurdo , o caos e a poesía do noso tempo.

 

A segunda parada, o domingo 14 a partir das 19:00h.  nos achegará á maxia da Maga Fani e Martín Camiña co seu show “Trapalladas Ben Feitas por 2 Ilusionistas”. Trapalladas e sorpresas a dúo desde outra dimensión. A arte da transformación da realidade contada dunha maneira visual moi especial: cachifallos e chilindradas máxicas, sumado a gargalladas de combustible, desembocan en 2 ilusionistas con moito aquel.

Espectáculo de maxia, humor e participación da concorrencia composto para mirar coas orellas moi abertas.

Unha semana despois, o domingo 21 e tamén ás 19:00h. será o turno da compañia Tanxarina que nos traerá o universo máxico e circense de “Titiricircus”. Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo que o público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….

 

Para rematar este mes de teatro, o domingo 28 a partir das 19:00h. será o turno dos Monchos, Peter Punk e Brais das Hortas co seu “Concerto Punkinfantil”.

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais dás Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais dás Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos.

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común: Un Concerto PunkInfantil.

 

O prezo das entradas para cada unha das obras é de únicamente 2,50 euros e  estarán dispoñibles a partir do luns 1 de abril na taquilla electrónica do concello de Gondomar: taquilla.concellodegondomar.gal.

 

Paco Ferreira alcalde Gondomar, destacou “a aposta decidida que polas artes escénicas e pola cultura se fai desde este Concello, e neste caso nun ciclo que ten como obxectivos ofrecer un espazo de lecer para as familias nas tardes do domingo, e ademáis achegar a cultura en xeral e as artes escénicas en particular aos mais pequenos da casa

O rexedor local indicou que nas próximas semanas anunciaránse as obras teatrais que se representarán dentro deste ciclo durante o mes de maio.

 

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!