Este sábado 12 de abril, ás 20:00 h, celébrase a VI Gala do Deporte de Gondomar no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda
Unha noite moi especial para recoñecer o esforzo, a paixón e os logros de deportistas, clubs e entidades deportivas do noso concello. Un evento para celebrar xuntos o orgullo de sermos un pobo que vive o deporte con intensidade!
IMPORTANTE:
- O acceso á zona baixa será exclusivo con invitación
- A entrada ás gradas é totalmente gratuíta e libre, aberta a toda a veciñanza que queira acompañarnos
A edición deste ano contará cun padriño de luxo, o atléta olímpico Ramón Magariños Duro, que conta cunha impresionante traxectoria no mundo do atletismo, representou a España nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona e segue sendo unha figura clave no fomento e a difusión do deporte no noso país. O seu apoio á Gala será un símbolo do recoñecemento a aqueles que, como él, levan o nome de Gondomar e do deporte galego a un nivel superior.
“A Gala do Deporte de Gondomar é un evento esencial no noso calendario, pois reflicte a forza e a vitalidade do noso concello en materia deportiva. Cada un dos premiados neste evento merece o noso recoñecemento polo seu traballo, sacrificio e amor polo deporte. Con moita emoción, agardamos contar cun padriño de excepción, Ramón Magariños Duro, quen representa os mellores valores do deporte e a superación. Este sábado será unha noite para celebrar, para recoñecer o talento que hai en Gondomar e para seguir fomentando un concello onde o deporte xoga un papel fundamental na nosa sociedade.” conclúe o Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.
XURADO DA GALA:
- Presidenta: Nuria Lameiro Valverde
- Secretario: X. Antón Fernández González.
- Vogais: Ramón Magariños Duro (tamén Padriño da Gala e atléta olímpico), José M. Chamorro González, Cristina Castro Rocha, José Luis Ferreira Durán.
PERSOAS E ENTIDADES PREMIADAS:
Canicross:
- Eloy Suárez Villar.
Ciclismo:
- Pedro Fernández Miguez.
- Arantxa Gómez Martínez.
- Jana Buba.
- Álvaro Costas Sanromán.
- Mario Noya Hermida.
Danza:
- Lucía Rial Franco.
- Ilenia Caserío Carneiro.
- Grupo Children – Escuela Ldanzia.
Baloncesto:
- Simón Porto Covelo.
- Mateo Porto Covelo.
- Raquel Fernández Vidal.
Chave:
- Carlos Fernández Comesaña.
Fútbol Gaélico:
- Sara Sánchez Amigo.
- Ismael Méndez Martínez.
Fútbol:
- Sabela Suárez Mouriño.
- Emma Domínguez Heduy.
- Guille Bueno López.
Atletismo:
- Adrián Bernández Domínguez.
- Alexandra Lence Vilaboa.
- Julián Martínez Olvera.
- Ánxela Besteiro Fernández de la Cigoña.
- Laura Meira Fernández.
Automobilismo:
- Unai Conde García.
- Ezequiel Salgueiro Simoes.
- Alberto Meira Fernández.
- Juanma Freiría Vila.
Tenis:
- Daniel Bas Gómez.
- Thiago Ibón Fernández Dopeso.
- Juan A. Freitas Fernández.
Tenis de mesa:
- Martín González Albán.
- Teo Álvarez González.
- Equipo Gondomar T.M. – Lucas Tojal.
Natación:
- Marina Rodríguez Troncoso.
Bolos Celta:
- Sergio Fernández Da Rocha.
- José M. Torres Nicolao.
- Roberto Paz Misa.
- Ángel Expósito González.
- Alfonso González Villamarín.
- Yago Álvarez Sánchez.
Hípica:
- Blanca Rodríguez Abraín.
- Irene Bar Roca.
- Adriana Alonso Vázquez.
Trial Moto:
- Kay Estévez Mesa.
Tiro con arco:
- Rubén Rodríguez Alleres.
Patinaxe artística:
- Gael Fernández Fernández.
- Grupo Show Junior – Club Patinaxe Artística Gondomar.
Ximnasia acrobática:
- Martina Aramburu López.
- Paula Alonso Cabaleiro.
MENCIÓNS ESPECIAIS:
- Cross escolar Santa Mariña de Vincios (30 anos).
- Manuel Estévez Sayanes.
- Club Patinaxe Artística Gondomar/ Cuarteto Show Junior.
- Julio Alberto Vilas Fernández.
- Policía Local de Gondomar.
- Women in Bike Val Miñor.
- Sociedad Atlética Val Miñor (30 anos).
- A título póstumo: Salvador Prado Lage.
PREMIOS ESPECIAIS:
- Mellor evento deportivo: Campionato Galego de Halterofilia 2024.
- Mellor club ou entidade deportiva: Gondomar Acro Club.
- Patrocinio e colaboración co deporte: Serviancar, Auga Sana, Resigal.
- Mellor traxectoria deportiva: Eladio Costas Pereira.
- Mellor deportista revelación feminina: Xiana Fernández Fernández.
- Mellor deportista revelación masculino: Joel Ribeiro Díaz.
- Mellor deportista feminina: Noelia Piñeiro Pérez.
- Mellor deportista masculino: Hugo Bueno López.
Vémonos este sábado para celebrar xuntos o mellor do deporte en Gondomar!
Non faltes! Será unha noite para lembrar!