O Concello de Gondomar continúa a impulsar a mellora e modernización das súas instalacións deportivas coa execución do proxecto de instalación de iluminación nas pistas deportivas de As Cercas, unha actuación incluída no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
Esta intervención conta cunha investimento total de 56.351,01 euros, destinado á instalación dun novo sistema de iluminación que permitirá mellorar as condicións de uso das pistas deportivas, favorecendo a práctica deportiva e ampliando as posibilidades de utilización destas instalacións por parte da veciñanza.
A actuación ten como obxectivo ofrecer unhas instalacións máis funcionais, accesibles e adaptadas ás necesidades das persoas usuarias, contribuíndo así á promoción da actividade física e deportiva no municipio.




