Eureka Reto Rural, xogo dixital de escapismo ao aire libre, que chegou a Gondomar de man da concellería de turismo foi un éxito.
Aínda tes a oportunidade de participar! Se non puideches asistir á xornada inaugural, non te preocupes: a aventura continúa e segue sendo completamente gratuíta. Todo o que necesitas é un teléfono e conexión a internet.
Esta é unha oportunidade perfecta para explorar e coñecer os recunchos máis fascinantes de Gondomar mentres resolven pistas e desafíos en equipo.
Convida os teus familiares e amigos , poderán visitar e coñecer Gondomar dun xeito diferente.

Gondomar pecha o ciclo «Outubro: Saúde Mental Mocidade» cunha charla sobre o impacto das pantallas
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar celebrará este venres, 30 de outubro, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura, a última actividade do



