O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza as visitas interpretativas “Coñecendo os Curros de Gondomar”, unha proposta aberta a veciñ@s e visitantes co obxectivo de poñer en valor a nosa tradición, cultura e patrimonio vinculados aos curros e ao mundo rural.

Durante estas xornadas, @s participantes poderán descubrir a historia e o significado dos curros como espazos de encontro, traballo e convivencia coa natureza. Trátase dunha oportunidade única para coñecer en profundidade este elemento singular da nosa identidade, e para desfrutar dunha experiencia enriquecedora no entorno natural de Gondomar.

  • Os días 15 de xuño en Morgadáns, 21 de xuño en San Cibrán, Donas e o 12 de xullo no Monte Galiñeiro, Vincios
  • Percorrido guiado polo entorno dos curros, interpretación cultural e ambiental
  • Actividade gratuíta
  • Prazas limitadas → Requírese inscrición previa

Inscricións e máis información no teléfono 678 874 985 ou no correo electrónico: [email protected]

 

Novas

Axenda

No event found!
Load More