O Concello de Gondomar organiza un ano máis o seu Certame de Rondallas de Reis, que este ano celebrará a sua corenta e unha edición.

Este ano serán catorce as rondallas que participarán neste certame, que é unha das citas máis destacadas da programación do Gondonadal e que servirá de colofón a un nadal cheo de actividades en Gondomar.

As rondallas comezarán o seu percorrido dende a rúa Eduardo Iglesias, e na confluencia coa rúa Ángel Urzaiz produciráse un dos momentos máis característicos e singulares deste certame, que é o cruce de bandeiras entre a rondalla que se dirixe cara a Praza Paradela e a que regresa tras ser recibida polo goberno local e autoridades.

O Certame de Rondallas de Reis de Gondomar é o único desta envergadura de cantos se celebran na provincia que continúa coa tradición de  facerse ao aire libre, ademáis de ser o máis lonxevo de Galicia que somentes veu interrumpida a sua celebración en duas ocasións, pola guerra civil e pola pandemia.

 

PERCORRIDO

Saída: Rúa Eduardo Iglesias

Cruce de Bandeiras: Confluencia das rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz.

Actuación é recepción das autoridades: Praza Paradela

 

HORARIO DE SAÍDA DAS RONDALLAS

MAÑÁ

10:30 h. – ACVR SAN MAMEDE ZAMÁNS
11:00 h. – AC de PONTELLAS
11:30 h. – AVV GALIÑEIRO VINCIOS
12:00 h. – ACC A MERCED CHAÍN
12:30 h. – ASCDR HELIOS BEMBRIVE
13:00 h. – ACRC TORROSO
13:30 H. – CCD SANTA EULALIA MOS
14:00 h. – AC PEÑA FREIXO

 

TARDE

16:00 h. – ACS HERVILLE
16:30 h. – AR O MOSTEIRO PEXEGUEIRO
17:00 h. – CCR PARADA DO MIÑOR
17:30 h. – ACVC VALLADARES
18:00 H. – CSCR BEADE
18:30 h. – ARC SANTIAGUIÑO GUIZÁN

 

Novas

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

SEMENTANDO O BO TRATO, Derradeira cita!

O ciclo de encontros “Sementando o Bo Trato”, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, chega á súa derradeira cita. O 18 de

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Deporte

Escolas Deportivas 2026-2027

As actividades das Escolas Deportivas están dirixidas a todas as idades, tanto para aquelas persoas que desexen mellorar a súa condición física como para quen

Leer más »