Temos un cambio na carteleira de monólogos prevista para este venres 15 de agosto na Praza Paradela ás 22:30 horas.

Por un pequeno problema de saúde, o noso querido Manquiña non poderá acompañarnos desta volta. Dende aquí enviámoslle unha forte aperta e os nosos mellores desexos para unha pronta recuperación.

Mais a risa está garantida, porque no seu lugar contaremos con Luis Zahera, un dos actores máis recoñecidos do panorama estatal, gañador dun Premio Goya e cunha ampla traxectoria no cine e na televisión. Participou en películas como El Reino, Celda 211 ou As Bestas, e en exitosas series como Sin Tetas no hay Paraíso, Vivir sin permiso, Entrevías, La Unidad, El Capitán Alatriste, Mareas Vivas e Hospital Central, entre moitas outras. Co seu estilo único e carisma, promete converter esta noite nun momento inesquecible.

Compartirá escenario con Palo Capilla, actriz, humorista e presentadora galega, coñecida polo seu traballo en espectáculos de comedia por toda Galicia, así como pola súa participación en programas de televisión autonómica e eventos culturais. Co seu humor fresco e a súa gran capacidade de conectar co público, garante tamén boas risas e complicidade.

 

📅 Venres 15 de agosto

🕤 22:30 h

📍 Praza Paradela – Gondomar

✨ Non perdas esta noite de monólogo en Gondomar ✨

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »