O Concello de Gondomar informa que o concerto do grupo Samba da Bateá, que estaba programado para o sábado 30 de agosto ás 22:30 horas na Praza Paradela, queda adiado debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esa xornada.

 A actuación, que forma parte da programación cultural do verán en Gondomar, será reprogramada noutra data que se anunciará proximamente a través dos canais oficiais do Concello.

 Desde o Concello agradécese a comprensión da veciñanza e das persoas que tiñan previsto asistir ao evento, lembrando que o obxectivo principal é garantir a seguridade e o bo desenvolvemento do espectáculo.

Novas

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »