O día 12 de setembro a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar agárdavos. Temos unha actividade especialmente deseñada para a mocidade, chea de deporte, diversión, xogos e música.

Ás 18h no Campo de Fútbol Das Cercas, ofrecemos á mocidade unha iniciativa innovadora e moi variada. Contaremos cun Show Freestyle na que, especialistas desta disciplina de fútbol da rúa, nos amosarán a mestura de trucos de fútbol con acrobacias controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo. Todo elo, levado a cabo ao ritmo da música. Logo, seredes vos os que poñades en práctica algún deses trucos a través de distintos obradoiros. Para participar nos obradoiros serán necesario chamar ao 986.369.746 e inscribirse a partir do día 1 de setembro. A música non faltará nesta actividade contando con DJ en vivo. E como colofón a esta actividade, poderedes participar de balde nos distintos xogos como canastra eléctrica, pista suboccer ou air hockey.

Agardámosvos, mocidade a partir dos 13 anos  para unha tarde Freestyle.

Para máis información chama 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil.

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »