O Concello de Gondomar anuncia a apertura do prazo de inscrición para a Aula Municipal de Teatro correspondente ao curso 2025/2026, que se desenvolverá no Auditorio Municipal Lois Tobío.

A iniciativa, promovida pola concellería de Cultura, ofrece dúas modalidades segundo a idade do alumnado:

  • Adultos: todos os martes de 16:00 a 18:30 horas.
  • Mocidade: todos os martes de 18:30 a 20:00 horas.

O programa pretende achegar á veciñanza a experiencia teatral como ferramenta de expresión artística, creativa e de cohesión social, ofrecendo formación práctica nun espazo aberto á participación e ao desenvolvemento persoal. +INFORMACIÓN AQUÍ

As persoas interesadas en participar deberán solicitar a inscrición cubrindo os formularios dispoñibles  presencialmente nas oficinas do Rexistro Xeral ou AQUI :

Dende o Concello animan á cidadanía a participar nesta nova edición dunha actividade que, ano tras ano, segue a consolidarse como un dos piares da oferta cultural municipal.

“Agardámoste!!”

Novas

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Leer más »