O Concello de Gondomar, a través do Centro de Información a Muller da Concellaría de Igualdade, por en marcha o programa Capacitadas, dende onde se porá en marcha o curso de Operaria de produción e loxística.

Desenvolverase entre os meses de outubro, novembro e decembro. Ven financiado pola Deputación provincial de Pontevedra, priorizando neste caso ás candidatas que sexan mulleres e/ou que forman parte de colectivos que adoitan ter dificultades para acceder ao mercado laboral.

O programa, do que se poderán beneficiar un total de 15 persoas, desenvolverase en forma de itinerario formativo cun total de 165 horas, incluíndo obradoiros de sensibilización en igualdade e empoderamento para o emprego con perspectiva de xénero, ata prácticas formativas non laborais en empresas, pasando pola formación teórica práctica que inclúe o manexo de carretillas elevadoras.

As interesadas poderán inscribirse entre o 26 de setembro e o 8 de outubro presentado as súas solicitudes no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica, arrincando a formación o 13 de outubro cos obradoiro de sensibilización en igualdade (20 horas). Ademais durante recibirán a formación para manexo de carretillas elevadoras (18 horas) así como a formación teórico-práctica para o posto de traballo. Finalizarán coas prácticas formativas en empresas que se desenvolverán entre novembro e decembro.

SOLICITUDE 

Máis información no CIM ou a través do correo aio@concellodegondomar.com e no teléfono 986 389 355.

Novas

CEA BAILE DE ENTROIDO

O Concello de Gondomar organiza unha Cea Baile de Entroido, unha xornada festiva para gozar en familia e con amizades, que terá lugar o sábado

Ximnasia de Mantemento

O programa de Ximnasia de Mantemento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e ten como finalidade mellorar a condición física xeral, manter a

Axenda

Cultura

CEA BAILE DE ENTROIDO

O Concello de Gondomar organiza unha Cea Baile de Entroido, unha xornada festiva para gozar en familia e con amizades, que terá lugar o sábado

Leer más »
Benestar social e sanidade

Ximnasia de Mantemento

O programa de Ximnasia de Mantemento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e ten como finalidade mellorar a condición física xeral, manter a

Leer más »