As veces non sabemos identificar o que sentimos, e ese descoñecemento créanos inseguridade, frustración, ira, medo e lévanos a protexernos e tentar evitar as emocións.
É fundamental trasladar a mocidade que todas as emocións son válidas e necesarias. O problema xurde na forma máis ou menos saudable de expresalas e experimentalas. Por elo, a importancia de saber identificalas e xestionalas para conseguir o Benestar emocional
Para por en valor as emocións dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, poremos en marcha o taller “O papel das emocións na sáude mental”.
A través de Escuela de Emociones durante o mes de outubro, traballaremos co alumnado de 2º de Bacharalato do IES Auga da Laxe, o desenvolvemento de competencias emocionais proporcionándolles ferramentas prácticas para o seu día a día.
Por outra banda, o día 10 de outubro comezamos ca primeira charla do ciclo. Contaremos coa organización “Alar Galicia” que tratarán o tema “ Prevención de autolesións e suicidio”, dirixida a mocidade, familias e poboación interesada na prevención da conduta suicida. Falarase da xestión emocional, de saúde mental, das novas tecnoloxías e como afectan ó neurodesenvolvemento, e o papel das mesmas como precipitador de trastornos ou dificultades. Agardámosvos ás 19h no Auditorio Lois Tobío, actividade de balde solicítase inscribirse no 986.369.746 ( OMIX Gondomar) por cuestións de aforo.
En outubro, Gondomar, pon o foco na saúde mental da mocidade. Agardámosvos!