O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz que se desenvolverá do 7 ao 9 de novembro.

O programa inclúe un intercambio cultural co Centro Galego de Vitoria, unha oportunidade única para reforzar os lazos entre Galicia e a comunidade galega residente no País Vasco.

O prezo da viaxe é de 220 euros por persoa en habitación dobre e inclúe:

  • Traslado en autobús
  • Aloxamento en hotel de 3 estrelas
  • Pensión completa
  • Visitas guiadas
  • Seguro de asistencia en viaxe

As prazas son limitadas, e terán preferencia as persoas empadroadas en Gondomar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de outubro.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a inscrición na Oficina de Turismo de Gondomar, ou chamando ao teléfono 678 874 985.

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »