O Concello de Gondomar pon en marcha unha nova actividade de Lego Robotix para o alumnado de Primaria neste curso escolar.
Unha maneira divertida e educativa de achegarse á robótica e á tecnoloxía!
Lugar: Centro Neural (Avda. D. Diego Sarmiento de Acuña, 4 – Gondomar)
Día: Sábados
Horario: de 11:00 a 12:30 h
Custe: 5 € ao mes
Pagos: do día 1 ao 5 de cada mes a través de Tokapp School
As clases comezan mañá, sábado 18 de outubro!
Pero aínda estás a tempo de anotarte!
Non é necesario levar ningún material, só ganas de aprender e pasalo en grande construíndo e programando con LEGO
Como inscribirse na actividade:
- Descarga a aplicación Tokapp School no teu móbil.
- Rexístrate e inicia sesión.
- Na parte superior esquerda, preme nas tres raias ☰ e selecciona “Extraescolares”.
- Preme en “Rexistrarse” e introduce o código do Concello: GONDOMAR.
- Cubre os datos da nai/pai/titor/a e logo os da persoa alumna.
- Finalmente, accede ao apartado “Matrículas” para completar a inscrición na actividade.
Pago dos recibos:
Entre o día 1 e o 5 de cada mes, dentro da mesma aplicación Tokapp School, no apartado “Recibos”, preme en “Pagar”.
☎ Información e contacto:
📞 Patricia (Tokapp): 644 242 743
📞 Concello de Gondomar: 986 360 125