O sábado 29 de novembro, Gondomar acenderá o seu Nadal ás 20:00 horas na Praza Paralela.
Durante a tarde, haberá contacontos e talleres de Nadal. Para participar nos talleres será necesario traer calcetíns vellos, cartón dun rolo de papel hixiénico ou un tarro de cristal.A partir das 18:30 horas celebrarase un magosto popular, completando así unha xornada especial que marcará o inicio oficial do Nadal en Gondomar.





