O Concello de Gondomar continúa avanzando na súa estratexia de loita contra o cambio climático coa substitución da antiga caldeira de gasóleo por unha nova caldeira de biomasa no edificio do antigo centro de saúde. A actuación, que supón un investimento de 41.006,90 euros, conta co apoio económico da Xunta de Galicia a través do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), no marco do Programa de Incentivos de Enerxías Renovables no sector público 2023-2025.

A nova instalación permitirá abastecer de calefacción o inmoble con emisións case neutras de CO₂, reducindo máis dun 80% a pegada de carbono respecto ao sistema anterior. Grazas ao uso de pellets como combustible, Gondomar garante ademais un consumo máis estable, económico e vinculado a recursos locais, favorecendo a economía circular e a creación de emprego sostible.

Con este proxecto, Gondomar non só mellora a eficiencia das súas instalacións públicas, senón que tamén se converte nun referente en políticas ambientais a nivel local, demostrando que os concellos poden liderar a transición cara a un modelo máis verde e responsable.

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »