O Concello de Gondomar vén de poñer en marcha unha moderna instalación de aerotermia no edificio da Policía Local, unha actuación que supuxo un investimento total de 14.822,50 euros, financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta de Galicia.

Trátase dun proxecto pioneiro no ámbito municipal, que reforza o compromiso do goberno local coa eficiencia enerxética e o coidado do medio ambiente. Grazas a esta tecnoloxía, o inmoble contará cun sistema de calefacción baseado nunha bomba de calor Vaillant aroTHERM 12, cunha potencia de 12 kW e unha cualificación enerxética A++, que permitirá un rendemento moi superior ao dos sistemas convencionais.

A instalación serve para cubrir as necesidades de climatización e calefacción mediante chan radiante, garantindo un confort térmico sostible ao tempo que reduce o consumo enerxético e as emisións de CO₂. Ademais, inclúe un sistema de monitoraxe que permite rexistrar datos de consumo, produción e aforro en tempo real, accesibles tamén a través de aplicación móbil.

Novas

Repunantas. As punkis da literatura galega

Este sábado 2 de maio, na Praza Rosalía de Castro, Inma López Silva e Francisco Castro presentan Repunantas. As punkis da literatura galega, onde farán un percorrido

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Leer más »