O Obradoiro de Memoria “Cultiva a mente” é unha actividade dirixida ás persoas maiores de 65 anos co obxectivo de manter e mellorar as capacidades cognitivas, favorecer a autonomía persoal e promover un envellecemento activo e saudable.

A través de exercicios prácticos, dinámicas de grupo e actividades adaptadas, trabállanse aspectos como a memoria, a atención, a concentración e o razoamento, ao tempo que se fomenta a participación social e as relacións interpersoais. O obradoiro desenvólvese en diferentes parroquias do municipio —Gondomar, Donas, Vincios, Morgadáns e Mañufe—, facilitando o acceso da veciñanza e achegando os servizos ás persoas.

Esta iniciativa forma parte da aposta do Concello de Gondomar polas políticas de benestar social e pola prevención, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a combater situacións de illamento e soidade non desexada.

Prazo de inscrición: do 19 ao 28 de xaneiro
Inicio da actividade: febreiro

Prezo: 35 € (pago único anual)

Máis información:
Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar
Teléfono: 986 360 168
Correo electrónico: ssocial@concellodegondomar.com

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »
Formación e emprego