O programa de Ximnasia de Mantemento está dirixido ás persoas maiores de 65 anos e ten como finalidade mellorar a condición física xeral, manter a mobilidade e promover hábitos de vida activos e saudables.

As sesións están adaptadas ás capacidades e necesidades das persoas participantes e inclúen exercicios orientados a mellorar a flexibilidade, o equilibrio, a forza e a coordinación, favorecendo tamén o benestar físico e emocional. A actividade realízase no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, nun entorno seguro e axeitado para a práctica de exercicio moderado.

Este programa enmárcase dentro da estratexia do Concello de Gondomar para fomentar o envellecemento activo, a prevención e o coidado da saúde, reforzando o compromiso municipal cunha oferta de servizos públicos de calidade para as persoas maiores.

 

Prazo de inscrición: do 19 ao 28 de xaneiro
Inicio da actividade: febreiro

Prezo: 20 € (pago único anual)

 

Máis información:
Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar
Teléfono: 986 360 168
Correo electrónico: ssocial@concellodegondomar.com

Novas

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

Alfombras Corpus Christi 2026

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Leer más »