A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, pon en marcha un ciclo de encontros dirixido ás familias co obxectivo de fortalecer os vínculos e ofrecer ferramentas prácticas para mellorar a convivencia con fillos e fillas adolescentes.
Ao longo de 2026 celebraranse tres charlas dinámicas e participativas centradas na comunicación, o bo trato e a resolución de conflitos no ámbito familiar, abordando situacións reais do día a día e proporcionando recursos aplicables no fogar.
📍 As sesións desenvolveranse no Centro Neural do Concello de Gondomar.
📞 Para participar é preciso inscrición previa no teléfono 986 369 746 (Oficina Municipal de Información Xuvenil).




