O Concello de Gondomar abre o prazo de inscrición para o programa Gondoverán, unha proposta de lecer educativo e divertido durante o mes de xullo!

Haberá xogos, obradoiros, deporte, creatividade… e moitísima diversión! Un espazo pensado para favorecer a conciliación familiar e promover a igualdade.

Para quen? Nenos e nenas nados entre os anos 2013 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2023 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento).

Inscricións abertas do 15 ao 29 de abril

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, así que non o deixes para o último momento!

 

Máis info e inscricións:

CIM Gondomar

986 389 355

aio@concellodegondomar.com

Un verán inesquecible para os máis pequenos da casa está a piques de comezar!

 

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:

Bases AQUÍ

Solicitude AQUÍ

Anexo II AQUÍ

Anexo III AQUÍ

 

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis