O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Xuventude, desenvolve unha nova edición da iniciativa “Abrindo Portas” con motivo da celebración do Día do Libro.

O vindeiro 23 de abril, a Praza Escolas Vellas acollerá, en horario de 17:00 a 19:00 horas (ou ata esgotar existencias), unha actividade de fomento da lectura dirixida á mocidade a partir dos 12 anos, na que se repartirán de balde preto de 100 libros.

“Abrindo Portas” constitúe un programa consolidado que, ao longo do ano, promove o hábito lector entre a mocidade mediante a recomendación periódica de títulos a través das redes sociais, abordando temáticas actuais e de interese para este colectivo. Nesta xornada especial, as persoas participantes terán a oportunidade de acceder a unha selección destas obras.

Cómpre salientar que esta iniciativa foi recoñecida co segundo premio nos Premios Xuventude 2025, en valoración do seu labor na promoción da lectura e na dinamización da participación xuvenil.

Baixo o lema “Un libro aberto, unha mocidade esperta”, o Concello de Gondomar reafirma o seu compromiso coa cultura, a educación e a mocidade, entendendo a lectura como unha ferramenta clave para o desenvolvemento persoal e social.

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »
Formación e emprego