Os concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona celebran unha nova edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, unha marcha cicloturista non competitiva e aberta a todos os públicos a partir dos 7 anos. A organización deste ano corre a cargo do Concello de Gondomar dentro do sistema rotatorio entre os tres municipios.

Sábado 16 de maio de 2026
Saída – 10:00 h – Praza da Paradela.

Preto de 1.000 participantes percorrerán distintos traxectos polo Val Miñor ata chegar a Gondomar, onde terá lugar un descanso e o tradicional sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.

Entre os premios desta edición haberá 3 bicicletas, 60 cascos e 30 botellas reutilizables.

📌 Normas da actividade:
✔️ Uso obrigatorio do casco
✔️ Cada participante deberá levar a súa propia bicicleta
✔️ Non están permitidos os remolques
✔️ Actividade non competitiva
✔️ Obrigatorio respectar as indicacións da organización e das forzas de seguridade
✔️ Participación permitida a partir dos 7 anos
✔️ Recoméndase revisar previamente o estado da bicicleta

 

Novas

XXXVI FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR

Os concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona celebran unha nova edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, unha marcha cicloturista non competitiva e aberta

CONCERTO CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

A música e a tradición únense nesta celebración especial das nosas Letras Galegas: Banda de Música da Agrupación Musical de Vincios Grupo de música tradicional

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis