A festa animábase este domingo case unha hora antes coa chegada de veciños , veciñas e visitantes dos municipios da contorna que non se querían perder o paso das comparsas e a celebración do tradicional Entroido en Gondomar, suspendido nas últimas edicións como consecuencia da pandemia.

Aos poucos queda atrás e os espectadores encheron de luz, cor e moita diversión as rúas do percorrido cos seus disfraces creados e vestidos para a ocasión. Con dous pregoeiros de luxo, Teo Cardalda e María Monsonís (Cómplices) arrincaba o desfile trala lectura dun texto no que destacaron o carácter acolledor do municipio ao que setrasladaron hai xa dous anos.

Un pistoletazo inicial no que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a implicación de todos e todas para que “o noso entroido siga sendo un referente”. Sete comparsas desfilaron tras abrir o paso un grupo convidado cos seus “Mario Cars de luxe” que fixeron as delicias de moitos.

A partir dese momento atravesaron a Praza da Paradela fichas de dominó; coleccións de bonecos; coches de carreira; ximnastas atléticos -ou casi-; deuses e deusas aztecas; un percorrido por diversos entroidos do mundo; e, un reivindicativo ”Conto da Criada”.

Todos os participantes na edición deste ano recibiron un diploma no que se recoñecía a súa participación no desfile, ao perder este ano a condición de concurso.Centos de persoas congregáronse nas rúas para animar o paso das comparsas e gozar unha vez finalizado o desfile da tarde de música e diversión, amenizada polo dúo D’ Lider.

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »