O Concello de Gondomar a través de fondos FEDER da UE adquiriu un punto limpo móbil, que servirá para a recollida selectiva de diferentes residuos como: envases de fotosanitarios baleiros, aceite de cociña usado, residuos téxtiles, aparatos informáticos e pequenos electrodomésticos, móbiles, envases de plástico contaminados, pilas e acumuladores, CD y DVD, Lámpadas leds e tubos fluorescentes ou cartuchos de impresora entre outros.

Trátase dun remolque que se instalará nos puntos neurálxicos das diferentes parroquias nuns horarios e frecuencias que se comunicarán previamente.

Nesta primeira fase ademais o Concello realizará diferentes charlas informativas nas que se explicará a veciñanza o correcto uso deste novo servizo.

Según manifestou o alcalde Paco Ferreira “coa posta en marcha deste novo servizo sumado ao punto limpo fixo xa existente, Gondomar ponse a cabeza dos concellos que loitan contra o cambio climático”

Durante a presentación o rexedor local quixo “convidar a toda a cidadanía a que participen nas charlas informativas que se realizarán nas diferentes parroquias e que servirán para que o uso deste servizo sexa o máis amplo posible, xa que esto suporá un incremento no volume de reciclaxe de residuos, tan importante para a conservación do noso medio ambiente”

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 4 de xullo ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase nun observatorio natural para gozar dunha noite de observación do ceo. Unha actividade

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 4 de xullo ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase nun observatorio natural para gozar dunha noite de observación do ceo. Unha actividade

Leer más »
Cultura

AVISO

O Concello de Gondomar informa de que o prazo para solicitar autorización para a instalación de postos de venda ambulante con motivo da Romaría de

Leer más »